Sobre

o Furancho da Pigarreira

Acerca do furancho. Cartel da entrada, no furancho da Pigarreira, Redondela Pontevedra

Neste furancho vas a poder disfrutar dun ambiente agradable o aire libre debaixo da parra. A xente que quere saber acerca do furancho da pigarreira temos que decirlle que somos un furancho familiar onde comer, beber e saborear a Galiza auténtica no eido da pigarreira. Nos podedes encontrar na estrada Santo Paio de Arriba, 134, Redondela, Pontevedra.

Os productos son frescos e feitos na casa. Dende o viño ata as tapas están elaboradas por nós. Non deixes de probar as nosas empanadas, as nosas tortillas ou os nosos chourizos. Se queres saber máis acerca das tapas ou as bebidas no furancho, podedes botar un ollo o noso menú, onde os productos saidos da nosa cociña falan mellos que calquera explicación acerca do furancho da pigarreira.

Somos xente do campo que disfruta traballando as nosas hortas e cultivando as nosas vides. Por iso estamos seguros de que cando probedes os nosos productos, non volveredes a mirar os productos do supermercado da mima maneira.

Un paraxe de natureza, debaixo da parra coa que producimos o viño branco que os nosos clientes poden disfrutar. Incluso as mesas son feitas por nos, e coas tazas de toda a vida (ainda que se se quere tamén temos vasos pra o viño branco). Ain que que xa se sabe, o viño sabe mellor en taza.